ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
As instalacións deportivas da Armada (Batallóns) en Ferrol foron o escenario este pasado sábado 1 de agosto dos exames federativos para a obtención do cinto negro de judo. Unha cita de alto nivel que reuniu a case 50 judocas de diferentes clubs de toda Galicia, convocados para demostrar os seus coñecementos e progresos en distintos danes.

A Agrupación Deportiva Judo Ferrolterra tivo un protagonismo destacado no evento ao presentar a un total de 11 deportistas. Todos eles completaron as súas probas con éxito, demostrando o excelente nivel técnico do club ferrolán. Os novos graos acadados polos membros do Judo Ferrolterra distribúense do seguinte xeito:Cinturón Negro 1º Dan: Hugo López Pereira, Amelia Tenreiro Leira, David Herrera Nuñez, Edgar Laranjeira Varela e Rosario Robaina García.Cinturón Negro 2º Dan: June Moreno Campo, Mario Tenreiro Leira, Alex Cid Rivas, Carlos Javier Ares Seijido e César Viñas Vilar.Cinturón Negro 3º Dan: Sofía Alonso Placer e Adrián Seco Fontecoba.A representación do club local non se limitou aos examinandos. Os profesores da Agrupación Deportiva Judo Ferrolterra, Alberto Castro, Moncho Rey, Alba de Bernardo e Alberto López “Pitu”, formaron parte activa dos tribunais avaliadores designados pola federación, achegando a súa experiencia ao desenvolvemento desta importante xornada para o judo galego.Cun pleno de aprobados, o Judo Ferrolterra pecha unha xornada redonda que referenda o gran traballo de formación que se realiza a diario nos seus tatamis.
Publica o teu comentario agora