Cinto negro, primeiro dan

Cinto negro, primeiro dan
15 de Agosto, 2025 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

Carlos Botana, cinto negro primeiro dan de iudo. Celebráronse o pasado sábado no pavillón de Batallóns en Ferrol os exames para a obtención do cinto negro de iudo. Tamén obtiveron o primeiro dan Lolo Picos e Pablo López, segundo dan Xabier Leira e Alexandre Faro e o cuarto dan Alba Gonzalez. 

O club AD Iudo Ferrolterra participa ademais esta semana nun Stage Internacional na Coruña co que da por finalizada a tempada.

Deportes

Publica o teu comentario agora