Cirrichotes poderosos do Barallobre

Cirrichotes poderosos do Barallobre

18 de Marzo, 2013 - 12:00 h. | Publicada por

O Xuventude de Cabanas quixo poñer o candado no Ramo, pero atopouse co enxeño do Barallobre. Na segunda parte o equipo do Ramo lanzou 3 cirrichotes que chegaron ás redes da porteria contraria, e permitiron lograr a terceira vitoria consecutiva na Segunda Autonómica de fútbol. Barallobre 3 Cabanas 1.

O segundo adestrador Victor Dominguez explica os resultados positivos nesta xeira, pola recuperación de xogadores. “Por primeira vez podemos contar con todos os efectivos e iso nótase” explica  o técnico do Ramo.

Deportes