ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Xa hai datas para o XVI Concurso de Tapas. Será do 10 ao 19 de abril. A concelleira de promoción económica, Ángeles Coira, anima aos establecementos a participar nesta nova edición, que supón “unha oportunidade para amosar a creatividade e a calidade da hostalaría local”.

O prazo para a inscrición dos establecementos de hostalería no XVI Concurso de Tapas de Fene xa está aberto. As propostas poden presentarse ata o 13 de marzo no rexistro municipal ou na sede electrónica. O certame contará con premios do xurado e da votación popular, tanto para as tapas como para as persoas participantes. O prezo das tapas será de 2,50 euros. O Concello de Fene conta co apoio da Deputación para desenvolver esta actividade de promoción do tecido hostaleiro e de impulso á economía de proximidade.
Publica o teu comentario agora