Cita obrigada para os amantes das motos e do rock n´roll

Cita obrigada para os amantes das motos e do rock n´roll

07 de Abril, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O moto group Doom Crew Galicia anuncia para este venres en Ferrol un encontro moteiro no que participarán máis de de douscentos vehículos.Con esta xuntanza pretenden facer visible a unión e o “bo rollo” que existe entre os moitos afeccionados ao mundo das motos.

 O ferrolán Toni Torres, un dos membros e fundadores da sección galega do moto group Doom Crew, asegurou esta mañá a Radiofusión que no encontro do vindeiro venres se poderán ver todo tipo de vehículos pero, sobre todo, moita custom, tipo Harley Dadvison.

Os participantes na xuntanza que organiza Doom Crew Galicia reuniranse o venres ás catro e media do serán na Avenida de Esteiro. Unha hora máis tarde iniciarán un percorrido pola comarca cunha primeira parada na área recreativa de Pedroso “para tomar uns pinchos”. Ao remate desprazaranse de novo a Ferrol para asistir no Route 66 a un concerto de MU2. Xa pola noite, anuncian cea en Casa Becerra e novos concertos no West Saloom de Ferrol cos grupos La Durango Express e Mongollica.

Para participar nesta rota moteira non é necesario inscribirse. Únicamente cómpre achegarse o venres ao punto de partida sinalado, no número 57 da Avda de Esteiro. Os interesados en acudir á cea de confraternidade sí deben reservar praza no teléfono 630-840199 ou no 629-893989.

Sociedade