ClanAutor vai de camiño a Culleredo

ClanAutor vai de camiño a Culleredo

05 de Marzo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

O encontro de cantautores "ClanAutor" que forma parte da programación de inverno do "Vai de Camiño" da Xunta de Galicia, recala este venres 6 de Marzo ás 8:30 da tarde no Edificio de Servizos Múltiples de Culleredo (A Coruña). Alí daranse cita un total de 8 cantautores de diferentes estilos que ofrecerán un concerto conxunto de 2 horas de duración como mostra do que se está facendo hoxe en día dentro da canci&

O cartel está composto polos seguintes artistas:

César de Centi (A Coruña)
Paris Joel (Sada)
Fátima Baña (Pontevedra)
David Taboada (Lugo)
José Luís Paz (A Coruña)
Carlos Bau (A Coruña)
Xurxo Mares (A Coruña)
Pablo Rubén Fernández (A Coruña)

 

Historia do evento.-

 

O 31 de Agosto do 2007 celebrouse na praia de Sada(A Coruña) a primeira mostra de cantautores de Galicia baixo o epígrafe do “Sadautor”, unha mostra que continuou no 2008 e que xa é un clásico do areal mariñán. Dende entón moitos foron os acontecementos que arrodearon ós xoves cantautores que alí estiveron.

O coruñés Carlos Bau compartíu esceario con Sergio Dalma e fixo cancións para Nuria Fergó, o seu veciño César de Centi cantou con Tontxu ou Carlos Chaouen, o sadense Paris Joel foi seleccionado no Certame de Melilla e o lucense David Taboada no Galiza Crea. Máis esto somentes foi o xerme dun Clan que xurdíu desta experiencia co obxetivo de crear novos camiños que ninguén antes percorrera no noso país.

Somentes hai que teclear Sadautor en Google para decatarse da enorme repercusión mediática que tiveron estas mostras nos medios de comunicación sendo un referente do xénero en toda Galicia. Ante a ameaza de que algo tan fermoso poidérase perder ou quedar no esquezemento, refundouse o Sadautor e, coma a crisálida, quedou convertido en “Clanautor” con máis medios e novos artistas para unir os afluentes da tradición e a modernidade nunha soa canle musical.

 

¿Qué é o Clanautor?

 

O Clanautor é un espectáculo de humor, poesía, música e participación. Oito formas distintas de interpretar a canción de autor, un xénero musical, banda sonora da democracia, que renace na terra de Breogán unindo os novos e vellos xograres os cales ,alomenos, debémoslles a oportunidade de ser escoitados de novo.

 

Participantes.-

 

O “Clanautor” está formado pola columna vertebral do que foi o Sadautor, os cantautores Carlos Bau, César de Centi, Pablo Rubén Fernández, Xurxo Mares e José Luis Paz(A Coruña), Paris Joel(Sada), David Taboada(Lugo) e Fátima Baña(Pontevedra).

Cultura