A clave é a paciencia

A clave é a paciencia
06 de Febreiro, 2026 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Recomenda paciencia, porque non hai trucos para facerlle unha boa foto a nenos ou nenas. Irene Martínez Permui, fotógrafa especializada en fotografía infantil e maternidade está a fronte de Verdegaio, que acaba de abrir na rúa da Fraga, número 16, nas proximidades da praza do Concello.

ESCOITA O PODCAST:

“Son nenos, cada neno e cada día é diferente, a mín gústanme moito”, responde Irene ao preguntarlle como se arregla para que pousen os seus pequenos modelos. As sesións fotográficas duran sobre unha hora, poden prolongarse ata as tres horas nos casos de recén nados porque hai que atender as necesidades que poden ter nese tempo os bebés. 

Irene sabe ben do que fala. Ela mesma é nai de dúas nenas. E o nome do seu negocio, Verdegaio, vén dun recordo da infancia. Mudouse á rúa da Fraga pero antes traballou durante sete anos en Barallobre, noutro estudo que se lle quedou pequeno. Leva poucos días no novo local pero está contenta coa acollida.

Sociedade

Publica o teu comentario agora