A clave, o vestiario

A clave, o vestiario
02 de Decembro, 2025 - 02:40 h. | Publicada por Radio Fene

Tropezou o Perlío feminino en Narón. No campo do Cadaval, Narón 2-1 Perlío. Comezou adiantándose o Perlío pero nesta ocasión non puido facerse cos tres puntos. Un tropezo que non empana a boa marcha do equipo esta tempada. “A clave do éxito é o vestiario”, destaca o técnico do Perlío Rafa Afonso.

ESCOITA O PODCAST:

“Sensación un pouco contraditoria, a pesar de non ser o mellor partido tivemos opcións de traer algún puntiño de Narón”, valora o adestrador do Perlío. “Un gol de Uxía, a última xogada da primeira parte” puxo por diante ao Perlío no marcador, pero as locais lograron remontar. “Non saíu igual que o plantexábamos, o rival tamén xoga, era un bo rival”, recoñece Afonso.

Deportes

Publica o teu comentario agora