Coñecer ben ao público

Coñecer ben ao público
06 de Marzo, 2023 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

A divulgación científica ten cabida na radio local. A clave está en coñecer ben ao público, tal e como apunta o profesor da Facultade de Ciencias da Información da Universidade Complutense de Madrid, Manuel Fernández Sande.

ESCOITA O PODCAST:

Sande asegura que coñecendo ben ao público se consegue divulgar realmente o que un pretende dende o ámbito científico e que a radio local é un medio adecuado para estas temáticas. “O importante é como se adapta o contido. Hai que facer ben divulgación científica. A divulgación científica non é sinxela porque require un tratamento informativo moi determinado. Hai que manexar moi ben a narrativa para chegar realmente ao oínte e que comprenda iso que lle queremos transmitir. Moitas veces o difícil é facer boa divulgación científica. Paréceme un dos campos mais complexos no ámbito da comunicación. O feito de que o espectro ao que chega esa información sexa local iso non é ningún problema”.



Na imaxe, Manuel Fernández Sande, profesor na Facultade de Ciencias da Información da Universidade Complutense de Madrid.

Sociedade

Publica o teu comentario agora