Coñecer Fene a pé

Coñecer Fene a pé
08 de Setembro, 2022 - 02:21 h. | Publicada por Radio Fene

Non hai como camiñar por un lugar para coñecelo. Mellor sen présa e con alguén do lugar que actúe como guía. Iso é o que propón o programa de andainas que ofrece o Concello de Fene que comeza este venres, día 9, coa colaboración de entidades como a Liga de Amigos de Barallobre.

ESCOITA O PODCAST:
Imaxe entrevista a Pepa Lopez

Primeira andaina do programa que pon en marcha o Concello de Fene. Comezará ás 19 horas, na Liga de Amigos de Barallobre e o remate está previsto para as 21 horas. A ruta, de 6 quilómetros e dificultade media, contará con dúas guías que explicarán detalles e anécdotas dos lugares que se irán visitando, segundo informou en Radio Fene Pepa López, que forma parte da directiva da Liga de Amigos de Barallobre. A percorrido da camiñada pasará por a Brea, o Piqueiro e a Ribeira. Tamén se visitará O Penedo e O Pazo para chegar de novo ao punto de partida. Pasarán por lugares como a Casa da maleta ou o Cine Adriano. Nesta andaina para coñecer mellor a parroquia de Barallobre anotáronse 35 persoas ás que se aconsella levar calzado cómodo.

O programa de Andainas continuará o domingo 2 de outubro en Limodre. O venres 7 será a quenda de Maniños. Para o sábado 22 está prevista unha andaina por Magalofes. A camiñada será por Sillobre o sábado 29. E o programa rematará con unha andaina por Perlío xa no mes de novembro.

Sociedade

Publica o teu comentario agora