ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A Concellería de Deportes retomará en setembro as súas Andainas por Fene. Logo da que tivo lugar en xuño pola parroquia de Limodre, xa se coñece o calendario para as que terán lugar a partir do mes que vén.
Visitar as parroquias do concello coa veciñanza como guía é o principal obxectivo das Andainas que organiza a Concellería de Deportes coa colaboración das entidades parroquiais e de Eroski Fene. O programa botou andar o pasado 15 de xuño, cun percorrido pola parroquia de Barallobre, e, tralo parón estival, retomarase o 1 de setembro cunha andaina por Limodre que conducirán membros da AVV de Limodre. As seguintes Andainas por Fene serán: o 7 de setembro por Maniños (coa colaboración da SCRD O Pote); o 14 de setembro por Magalofes (colabora a AVV de Magalofes); o 28 de setembro por Sillobre (coa colaboración da ACRD Agarimo); o 5 de outubro por Fene (colabora o CMI Unidade de Fene); e o 19 de outubro por San Valentín (coa colaboración do CPS de San Valentín).
A inscrición en todas as andainas será de balde e poderá realizarse nas dependencias do Departamento de Deportes desde 15 días antes da realización da actividade, en horario de luns a venres, de 9.00 a 14.00 horas.
Publica o teu comentario agora