ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Cumprindo cunha tradición xa asentada, a Asociación Etnográfica e da Natureza AETNA programa para este venres a súa actividade do Entroido da que informou en Radio Fene María Xosé Garcia.

Unha charla sobre Cantareiras e hórreos de Maniños, na que intervirán o director de Radio Fene Henrique Sanfiz, o escritor Antonio Tizón e coa participación do deseñador Carlos Sardiña é o acto programado este ano por AETNA. Como cada ano, trátase de dar a coñecer temas de interese que en moitas ocasións son do noso entorno. “Témolo ao pé da casa e descoñecemos as cousas”, manifestou María Xosé Garcia. A charla terá luar ás oito da tarde no local de AETNA, no campo da festa de Maniños. E despois haberá paparota.
Publica o teu comentario agora