Co cerebro a punto

Co cerebro a punto
27 de Xullo, 2026 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Vantaxes de práctica de exercicio físico para ter o cerebro a punto esta semana no espazo de saúde e benestar de Radio Fene co psicólogo e preparador físico José Barcia Tuccelli. O exercicio actúa coma un fertilizante que axudaría á creación de neuronas e tamén ten unha función de nutrición do cerebro. 

ESCOITA O PODCAST:

Atención, memoria e mellora do estado de ánimo pódense beneficiar da práctica de actividade física. Sen límite de idade, tamén na xente adulta, explicou Barcia Tuccelli. O exercicio que máis favorece ao cerebro é o aeróbico de intensidade moderada, como camiñar, montar en bici ou nadar. É importante combinalo con exercicio de forza e mesmo con outros de coordinación como o baile. Fundamental romper co sedentarismo. “A saúde é unha, non hai unha saúde física e outra mental”, destaca José Barcia. Recuperámola cando recuperamos os nosos hábitos naturais, o movemento vai coa nosa natureza humana, imos en contra dela con hábitos sedentarios, engadiu. Respecto da cantidade de exercicio necesario, avisou de que “hai que desbotar iso de canto máis mellor, melloras grazas ao exercicio do que es quen de recuperarte”.

 

Sociedade

Publica o teu comentario agora