Co corazón por diante

Co corazón por diante
18 de Febreiro, 2022 - 12:10 h. | Publicada por Radio Negreira

“Vou co corazón por diante e niso coincido plenamente co proxecto de Tulipa editorial” afirma a escritora Amanda Plaza. “Beizos de mar” é unha ruptura co que tiña escrito con anterioridade. O poemario divídese en nove trabadas e unha boca. Preséntase en edición bilingüe en galego e castelán. “Son trabadas ou pegadas que o mundo deixa en min” indica a poeta que se considera “unha persoa crítica que atopou na literatura un xeito de vivir con liberdade”. Confésase seguidora da poeta arxentina Alejandra Pizarnik e da galega Olga Novo.

ESCOITA O PODCAST:
Fotografía Xan Xe Corral

Amanda Plaza Goris (Santiago de Compostela, 1991). Sempre quixo ser xornalista ata que a educación chamou á súa porta. Estudou Maxisterio Primaria na Universidade de Santiago de Compostela e é Técnica Superior en Educación Infantil polo CIFP Compostela. Vinculada á escritura desde moi nova, aos 17 anos comezou a compartir os seus textos no seu blog e en 2018 abriu a súa conta poética de Instagram baixo o alias Demisletras. En 2018 colaborou no colectivo literario Letras&Poesía que lle serviu de trampolín para publicar vídeos recitando os seus versos.
 

Cultura

Publica o teu comentario agora