ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
“Cando falamos de trastornos é importante ter en conta o contexto e que xere dificultades”. No espazo Vilanova, o psicólogo José Barcia Tuccelli fálanos dun fenómeno propio da sociedade moderna. A ansia por estar sempre comunicados que nos leva a unha dependencia absoluta do teléfono móbil .

O abuso do teléfono móbil e agora tamén dos reloxos intelixentes, provoca un trastorno bautizado co nome de nomofobia. Un anglicismo que se refire ao comportamento de persoas que sofren ansiedade extrema se non teñen ao seu dispor o teléfono móbil. Falounos del esta semana o psicólogo José Barcia Tuccelli. Buscar e tocar continuamente o móbil, revisando se hai algo novo. “Que isto pase en situacións como conversas familiares, comidas conducindo ou no traballo”. Son sinais de alerta. Explica Barcia que “as persoas que padecen este tipo de trastornos levan o móbil cando van durmir, ata hai quen o mete debaixo da almofada”. Desactivar notificacións, silenciar grupos de whatsapp, desactivar aplicacións que non precisamos e deixar o teléfono antes de ir durmir son recomendacións de utilidade para que o móbil non invada toda a nosa vida.
Publica o teu comentario agora