Co mel nos beizos

Co mel nos beizos
21 de Setembro, 2026 - 12:15 h. | Publicada por Radio Fene

Nos Pinares, Perlío B e As Pontes enfrontáronse nun partido moi igualado que non puideron aproveitar os locais. Perlío B 1-2 As Pontes. Resultado da segunda xornada na Segunda Futgal. 

ESCOITA O PODCAST:

“Foi unha pena, porque tiñamos opcións de ter puntuado”, sinala o adestrador do Perlío B, Rafa Afonso. Abriu o marcador o equipo das Pontes pouco antes do descanso. Ao comezar a segunda parte, o Perlío B empatou de penalti, pero a alegría durou pouco. Volveron marcar os rivais “na seguinte xogada, nunha falta moi tonta e foi un pequeno pau, aínda así o equipo non baixou os brazos”. 

“Mellorar a concentración e intentar propoñer un pouco máis en ataque” son obxectivos neste comezo da tempada para Rafa Afonso que sinala a Galicia de Caranza, Narón, Cebarca e Rosalía de Vilaboa como favoritos da categoría.

Deportes

Publica o teu comentario agora