Coa cabeza alta

Coa cabeza alta
24 de Setembro, 2024 - 11:27 h. | Publicada por Radio Fene

“Se seguen así van vir os resultados”, asegura a adestradora do Maniños feminino, Noelia Leiras. Perdeu o primeiro partido da Segunda Galicia disputado no campo do Pote, pero as locais foron un equipo combativo que está en progresión. Maniños 1-3 Xallas. 

ESCOITA O PODCAST:

“Coa cabeza alta, este é o camiño, demostraron unha intensidade que estábamos pedindo” declarou a adestradora, Noelia Leiras, que conta co apoio no corpo técnico doutra ex-xogadora, Paula Varela. “Levo dúas semanas axudándolle cos adestramentos, bastante cómoda a maioría foron compañeiras o ano pasado, o ambiente social é bo”, sinala. 

Nestas primeiras semanas, o equipo está acomodándose e probando distintas combinacións, porque hai moitas xogadoras novas. Unha das veteranas, Uxía Armenteros, que xogou de extremo, comparte a análise da adestradora sobre o ocorrido o domingo no terreo de xogo. “Hai que amoldarse e seguir remando”, indica.

Deportes

Publica o teu comentario agora