Coa chegada dos cogomelos Ordes celebra as súas xornadas micolóxicas

Coa chegada dos cogomelos Ordes celebra as súas xornadas micolóxicas

28 de Outubro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Ordes

Co outono chegan os fríos, as castañas, a caída da folla, a escola e tamén as setas, os cogomelos, as zarrotas, o pan do demo,.. A súa recollida é un aliciente para saír ao monte, ao campo, a fóra pero para iso é imprescindible coñecelas ben e saber distinguir as comestibles das que non o son. Con esta finalidade a Asociación Cultural e de Tempo Libre Tarandeira, en colaboración co Concello de Ordes organizou un ano m&aacute

O Concello de Ordes colaborou un ano máis nas Xornadas Micolóxicas, celebradas a pasada fin de semana, e que estiveron organizadas pola Asociación Cultural Tarandeira. Estas xornadas, que celebraron a súa sétima edición, constaron como ven sendo habitual dun gran compoñente práctico e dinámico, nas que ademais da base teórica, realizáronse prácticas de recoñecemento de especies no transcurso das saídas ao monte. Este ano a charla introductoria á micoloxía correu a cargo do biólogo Martín Souto.

O principal obxectivo desta proposta é ensinar aos participantes cales son as principais especies de cogumelos que medran no monte e conciencialos da importancia do aproveitamento sostible da productividade micolóxica. Segundo palabras do concelleiro de Medio Rural e Medio Ambiente, Jesús Pedreira, “o coñecemento micolóxico contribúe directamente a que se mellore a xestión dos nosos montes, xa que o propietario afeccionado e concienciado procura a realización das correctas técnicas silvícolas (podas, rozas do mato e limpeza do soutobosque, plantación de árbores micorrizados,...) para gozar con este recurso".

Sociedade