Coa nosa saúde non se negocia

Coa nosa saúde non se negocia

11 de Abril, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Máis de 8.000 persoas, segundo a Policia municipal, participaron este mediodia na manifestación contra a privatización da sanidade pública, que percorreu as rúas céntricas de Ferrol, convocada polo conxunto dos sindicatos. Os alcaldes de Ferrol, Fene, Mugardos e As Pontes, dirixentes do PSdeG - PSOE e do BNG e representantes da CIG, CCOO, UXT e USTG participaron na multitudinaria marcha que se desenvolveu baixo un sol de xustiza, desde a remozada Praza de Espa&ntild

"Sr. Núñez Feijoo, non nos toque vostede os servizos públicos, aprenda vostede dos seus erros" manifestou ao remate da marcha o voceiro da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública Miguel López. A entidade indica que en Ferrol xa hai experiencia do modelo que quere implantar a Xunta de Galicia, coa construcción do módulo que une o Centro de Especialidades coa entrada do Arquitecto Marcide. "Ese hall cunha escaleira mecánica na que todos os dias caen persoas con mobilidade e visión reducida, foi pagada coa concesión dun terreo público para a construcción dun aparcamento privado, o maís caro da cidade, e ese é o modelo da Xunta: precarizar as condicións de traballo e privatizar e encarecer os servizos públicos" afirmou Miguel Löpez,

Na marcha reclamouse a creación dun Centro de Referencia de Enfermedades Profesionais nunha comarca "onde temos milleiros de persoas afectadas pola asbestose e outras patoloxias de carácter profesional". A Plataforma denunciou asimesmo a práctica das "listas pechadas ou listas B para aquelas persoas que non aceptan recibir atención no Juan Cardona, no San Rafael ou no Santa Teresa".

Tamén criticaron a paralise dos proxectos de adaptación do Hospital Naval á rede sanitaria pública, "cando había presupostado para ese conceito en 3 anos 63 millóns de euros". O comunicado final da marcha de Ferrol reclama a aplicación do decreto de incompatibilidades para "impedir que profisionais da sanidade pública, atendan nos hospitais concertados a usuarios e usuarias públicos". Segundo a xunta de persoal da área sanitaria "case 30 prazas de médicos, pediatras, enfermeiras e fisioterapeutas, que xa estaban presupostadas no 2009 para a comarca desaparecen e, onde foron eses cartos?".

Os sindicatos afirman que cando en Estados Unidos camíñase "cara un modelo sanitario máis público, máis universal e que de cobertura a máis persoas, aquí vaise xusto no sentido contrario, cara a privatización de servizos e a precarización e á redución de emprego como xa sucede en Madrid". Criticaron tamén as intencións da Xunta de "deixar en mans de constructoras e aseguradoras os novos hospitais e centros de saúde".

"Farjas atende, a sanidade non se vende" foi un dos berros que este mediodia resoaron polas rúas céntricas de Ferrol (A Coruña) a xeito de advertencia para a conselleira de Sanidade. Os organizadores calificaron de moi boa a asistencia rexistrada e anunciaron a continuidade das medidas de presión en defensa da sanidade pública. 
 

Sociedade