Coa súa palabra de esperanza o sentimento de home ceibe

Coa súa palabra de esperanza o sentimento de home ceibe

16 de Febreiro, 2015 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

Suso Vaamonde, cantautor galego, morreu en Vigo o dezaseis de febreiro do 2000. "A pesar da súa voz potente e moi persoal, a pesar do seu xeneroso entusiasmo musical, a pesar dos seus centos e centos de recitais, a maior parte reivindicativos e cívicos, Suso Vaamonde non pasará á historia da música galega polo seu virtuosismo coma intérprete. A súa contribución foi outra, a indispensable do pioneiro, a daquel que foi abrindo camiño en

As cancións de Suso Vaamonde popularizaron e divulgaron con eficacia poemas de Rosalía de Castro, Méndez Ferrín, Manue María, Darío Xoan Cabana, Celso Emilio Ferreiro e moitos outros escritores. Ademais o seu labor divulgador foi especialmente importante no eido da poesía e da música infantil con "Os soños na gaiola", "Cantarolas para xente miúda", "Rapazas, rapaces e rapazadas". A canción protesta e o fenómeno da canción urbana, popular e tabernaria débenlle tamén bastante a Suso Vaamonde.

Mini e Mero, María Manuela, BellónMaceiras e Carlos Callón foron algunhas das xentes que se achegaron en 2002 a Magalofes (Fene) para participar nunha homenaxe a Vaamonde. As Pontes en 2013, a través do grupo Alende, tamén rendiu tributo e lembranza ao músico de "Uuaah".

Sociedade