ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
“Tiñamos ganas de empezar, fixemos unha boa pretemporada, cerca de mes e medio de adestramentos”. Esta fin de semana comezará a competición na Terceira Galicia do fútbol feminino. O Perlío, adestrado por Rafa Afonso, compite no primeiro dos cinco grupos que disputarán a Liga.
“Chegamos coas ideas claras”, manifestou o técnico do Perlío feminino, que conta, de momento, con vinte xogadoras. “Hai moitos cambios”, todas xogadoras con experiencia. “Penso que o equipo creceu”, conclúe. Tocante aos obxectivos nesta Liga, “Competimos para ganar”, lembra Rafa Afonso. Sinala que o primordial é disfrutar e facer grupo, pero “a nivel de competición quero mellorar a clasificación das dúas últimas temporadas, gustaríame quedar das primeiras de Ferrolterra”, declarou en Radio Fene.
Publica o teu comentario agora