ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Retrocedemos a 1963. Naquel ano, a Real Academia Galega decide conmemorar o centenario de Cantares Gallegos, a obra cumio de Rosalía de Castro. A proposta nacera de Francisco Fernández del Riego nun contexto nada fácil: eran tempos de ditadura, silencio e falta de liberdade para o galeguismo. Con todo, a celebración foi un éxito absoluto, tanto nas principais cidades galegas como no exilio americano. Así nacía o Día das Letras Galegas.

O Círculo Mercantil de Fene sumouse desde o primeiro minuto á celebración do 17 de maio, Dia das Letras Galegas. Da man de Pérez Parallé, e coa colaboración de Enrique Mariñas —director entón de Radio Nacional na Coruña—, naceu a 'Ruta da Primavera': un programa cultural onde a música e a poesía, sempre con Rosalía como referente, foron as grandes protagonistas.
Desde entón, o Círculo celebrou esta cita de xeito ininterrompido. Polas súas salas pasaron voces imprescindibles da nosa cultura: nomes como Juan Naya, Filgueira Valverde, Carlos Casares, Victoria Armesto ou Aurora Marco, entre moitos outros. Como curiosidade, queda para a historia o ano 1971. Ramón Otero Pedrayo ía ser o convidado estrela, pero a saúde non llo permitiu. Iso si, non faltou a súa palabra: enviou o seu discurso manuscrito para que o propio Pérez Parallé o lese no seu nome. Unha crónica que hoxe recuperamos grazas ao traballo de Esperanza Piñeiro e Andrés Gómez no seu libro sobre a historia da entidade fenesa."
O Circulo Mercantil e Industrial Unidade de Fene celebrará asemblea xeral este sábado pola tarde.
Na imaxe presentación do podcast "Lobos doentes" de Radiofusión no local do CMI Unidade de Fene (21-10-2022)
Fotografía Xan Xe
Publica o teu comentario agora