ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
“Un Concello sen presupostos está coas mans atadas”, sostén o voceiro do Partido Popular no Concello de Fene, Gumersindo Galego, que pasou revista á actualidade no municipio no espazo As Foxas de Radio Fene.

“De momento non temos noticia” sobre o proxecto de Presupostos para este ano que elabora o Goberno, sinalou o voceiro municipal do PP. Gumersindo Galego tamén insistiu na demanda de terreos para o novo centro de saúde. Ese equipamento e a renovación do PXOM son importantes para toda a veciñanza, sinala. “Rogamos pleno tras pleno que se cedan os terreos para o Centro de Saúde, cremos que, xunto co Plan de Urbanismo, son dos asuntos máis importantes que ten o Concello porque afecta a todos os veciños de todas as parroquias”.
Publica o teu comentario agora