Coas mans nos petos

Coas mans nos petos
02 de Xuño, 2022 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

Afirma o escritor Juan Tallón que as persoas coas mans metidas nos petos tiñan estilo. Coma se cresen que o mundo pode dirixirse coa mirada, sen tocar nada. Unha vez os nenos dun colexio preguntaron pola identidade dos integrantes dunha visita oficial ao centro educativo. O conserxe, de poucas letras, respondeulle: “Son concelleiros, non vedes que levan as mans nos petos, aguantando dos collóns”.

 

ESCOITA O PODCAST:

Fotografía: Ovidio Aldegunde
http://173.255.131.18/audio/020622LEMA.mp3

Alberto Lema en Radio Fene

Alberto Lema, novelista e concelleiro, reivindica que a Marea Atlántica non pasou pola alcaldía da Coruña (2015 – 2019) coas mans nos petos. Construe unha ficción literaria en Pazo de inverno (Galaxia, 2021) e confesa que a obra ten algo de “tentativa de venganza”. “Nas covas prehistoricas xa pintaban aos animais dos que querían defenderse ou aos que querían atacar” salienta o literato ao tempo que reivindica o xénero: “A literatura é máis democrática que o ensaio, a crónica política ou histórica”. “Salvo as parenteses de Laxe e Touriño, a dereita leva gobernando na Xunta de Galicia nos últimos 40 anos e iso provoca que a esquerda estea sempre á defensiva con “certo sometemento e fatalismo”. Lema nega que se trate dunha novela dura ou pesimista e defende que “a grandeza das ilusións nunca se perde”.

 

Cultura

Publica o teu comentario agora