ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A cociñeira do restaurante El Foro de Ferrol Marisol Buceta impartirá un “showcooking” sobre o brunch o vindeiro martes na escola de cociña I Cook de Fene. Trátase dunha invención da aristocracia inglesa no século XIX. Para cubrir a alimentación os dias nos que libraba o servizo, deseñaron algo entre doce e salgado que lles cubrira dúas comidas e integrara os pans coñecidos como scons. Aínda hai prazas para aprender unha cociña sana e exquisita. As inscricións poden facerse no teléfono 630 605096.
O brunch é unha comida que mistura o almorzo e o xantar. Comíase arredor das doce do mediodía e inclúe pratos doces e salgados, segundo o xerente da escola de cociña José Manuel Loureiro. Coa visita de Marisol Buceta, clausurase unha serie de showcookings nos que pasaron pola escola de cociña os chefs máis relevantes da comarca. O curso do martes prolongarase entre as oito da tarde e as dez da noite. Na escola de cociña manteñen a distancia social, cun aforo do 32% e con medidor de CO2. Ademais as persoas asistentes levan a mascara de xeito continuado. Loureiro xa pensa en reanudar en setembro os seus cursos de cociña. Nun total de 11 clases impártense coñecementos de cociña sudamericana, china, tailandesa e galega. Todo tipo de cociña, con pratos do dia a dia, pero fundamentalmente cociña para principiantes.
Publica o teu comentario agora