ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
“Cociñar para os demais é un acto de amor”, afirma Xoanqui Ameixeiras. “O que pon a tarteira no medio da mesa dá un paso atrás e enche o peito”, describe o que sinte un cociñeiro. Feliz de volver a Fene. “Sempre me saca un sorriso vir a Fene”, asegura o autor do libro “Receitas para encher o peito”, que presentou no Club de Lectura de Radio Fene
En Fene, na taberna A Marola que era de seus pais, tomou as primeiras leccións de cociña. “O bisté da Marola era unha sardiña”. Na Marola non entraba carne, por decisión de seu pai. “Meu pai foi o cerebro, non tiña nada que ver coa gastronomía, era militar, estivo embarcado no Crucero Canarias, destinado na Comandancia de Mariña...pero era un cu inquedo. A vantaxe que lle deu viaxar tanto é que se meteu en canta cociña había, de portos e tabernas, viña con moitas ideas…”,lembra Ameixeiras. Atinou ao decidir especializarse e ante as peticións dun amigo elaborou o famoso bisté. “Colleu unha sardiña, abriuna e fixo unha salmoira aromatizada, tiñamos unha horta pequeniña de especias e íamos ao porto de Curuxeiras coller o sal, traíamos uns sacos azuis, creo que eran de 25 kg de sal, usábamos unha pataca como medidor de densidade, cando flotaba a pataca era cando a salmoira estaba no seu punto”. A preparación completábase mesturando ourego fresco da horta propia coa sal grosa.
O libro de Xoanqui Ameixeiras contén 75 receitas escollidas “que fago na miña casa e que foron aceptadas pola miña familia, amigos e asistentes a eventos que teño organizado. Froito da miña vida e da aceptación. Por exemplo, a xiba con fabas non podíamos quitala da carta na Marola, e o bisté da Marola eu metina nunha coca”, explica o autor deste libro de Receitas para encher o peito, “non o bandullo. Hai algo que se está perdendo, o poñer a tarteira no medio da mesa, que é un acto social, ver a cara dos comensais, cando a xente se levanta para mirar. O que pon a tarteira dá un paso atrás e enche o peito. Cociñar para os demais é un acto de amor, algo moi bonito”
Publica o teu comentario agora