ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Entusiasmado e nervioso, recibiu o mozo compostelán Xosé Carlos Carracedo o premio de poesía Pérez Parallé, organizado polo Circulo de Fene e dotado con 3000 euros. “Quero acabar un par de novelas, unha sobre o crecemento dun rapaz e outra, unha distopia”. “Eu funciono por chispazos.Cando me pique a man, empezarei, e despois haberá que poñer moito traballo”.
A cociña é o fío condutor do libro premiado, “Utensilios de cociña e algúns obxectos calidoscópicos”. Carracedo lémbrase da súa avoa facendo filloas e el collendo a masa dos freixós para elaborar debuxos, figuras e palabras. “Cando recibín a nova do premio, viña para Ferrolterra e estaba a escoitar “I´m on fire” de Bruce Springsteen” confesa o escritor.
O acto celebrouse o pasado sábado no local do Círculo de Fene coa colaboración de Son Radiofusión.
Fotografía Xan Xe
Publica o teu comentario agora