Coidadora de cans

Coidadora de cans
14 de Abril, 2023 - 02:25 h. | Publicada por Radio Fene

“Enseguida se adaptan”. Asegura Sara Gurrea, coidadora de animais, que fai da súa casa unha gardería de cans á que poden acudir as persoas que precisan ausentarse algúns días. Vai facer nove anos que funciona en Ares Casa Sari da que falamos hoxe no espazo Radio Animal. 

ESCOITA O PODCAST:

“Sempre quixen traballar en algo relacionado cos animais”, lembra Sara. Prefire coidar dos cans “de un en un”, pero admite dous se son compatibles ou veñen da mesma casa. Ten coidado mascotas que lle traen da Coruña, Carballo e Vigo e tamén de xente de Madrid que pasa na zona as vacacións. Ten abril case completo de reservas e xa ten algunhas para maio e o verán. A súa tarifa depende do número de días que teñan que coidar ao animal e hainos que repiten.

 

Sociedade

Publica o teu comentario agora