Coidan de nós

Coidan de nós
08 de Febreiro, 2026 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A compañía dun animal ten efectos terapéuticos. Cans, gatos ou cabalos teñen demostrado que axudan a persoas con necesidades especiais, a persoas enfermas, á poboación reclusa ou mesmo poden reforzar a aprendizaxe na infancia. É un dos temas dos que falou esta semana en Radio Animal a veterinaria etóloga Noemí Graña.

 

 

ESCOITA O PODCAST:

“Melloran o noso estado anímico e potencian as nosas capacidades”, destacou Noemí Graña. “Hai múltiples estudios que o demostran”. En hospitais, nos cárceres, tamén hai terapia asistida con cans para nenos que aprenden a ler, poden favorecer a psicomotricidade de nenos e adultos. E ademais da terapia asistida con animais hai cans de asistencia, explicou Noemí. Desde cans adestrados para acompañar a persoas invidentes, aos que foron adestrados para detectar algúns tipos de cancro ou crises convulsivas. “Os cans ao principio facían un traballo cooperativo e logo convertéronse en amigos, son animais de familia”, concluíu Noemí Graña.

Sociedade

Publica o teu comentario agora