Coidando a saúde e o planeta

Coidando a saúde e o planeta
03 de Xaneiro, 2021 - 09:00 h. | Publicada por Radio Fene

A idea é moi sinxela e moi eficiente: “intentar reducir e non consumir plásticos, envoltorios e embalaxes” tanto como tendeiro coma na casa explica Emilio Cortés. Así funciona o seu negocio A Lela, (Rúa Travesa,1. 15500 Fene),  unha tenda de alimentación de produción sustentable que, cada día, nos achega o máis fresco para que poida estar nas nosas mesas.

ESCOITA O PODCAST:

Falaba así Emilio Cortés en xaneiro do 2020, no momento de apertura de A Lela

http://173.255.131.18/audio/150120CORTES.mp3

Emilio Castro. A' Lela

“Nos coincidiu unha época complicada” comeza dicindo o dono de A Lela, Emilio Cortés. Bota a vista atrás para rememorar como foi este case primeiro ano aberto no que unha pandemia asolou o mundo e fixo que este parara por completo.

Pero sorprendentemente, esta tenda de alimentación de produción sustentable non parou. Ao vender bens de primeira necesidade, eles estiveron abertos durante o primeiro confinamento e, respectado todas as medidas de seguridade como é lóxico, chegaron á xente de Fene. Ao non poder saír do noso municipio, moitos buscaron en A’ Lela os produtos que necesitaban.

E iso entre os comerciantes se falaba. Emilio comenta que as tendas de roupa ou os bazares recuperaron parte de esa clientela que marchara fai tempo ás grandes superficies. E despois de probar o comercio local, moitos quedaron prendados da calidade, do servizo ou de ambas e agora son clientes fieis.

Quizais isto foi pola filosofía desta tenda. A’ Lela defende o consumo sustentable ante todo. “Os produtos son de preto, para reducir a contaminación dos transportes” pon como exemplo Emilio. A súa tenda cumpre un ano en Fene o vindeiro 16 de xaneiro.

Sociedade

Publica o teu comentario agora