Coidar a enfermería

Coidar a enfermería
15 de Febreiro, 2024 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

A precariedade cébase coas enfermeiras máis xoves.  A metade das que exercen a profesión sofren estrés ou ansiedade. O colectivo Enfermeiras Eventuais en Loita denuncia o abuso de poder da contratación temporal para cubrir necesidades permanentes. Os niveis de temporalida-de do persoal sanitario seguen sendo extraordinariamente elevados, segundo afirman. 

ESCOITA O PODCAST:

Representante do colectivo Enfermeiras eventuais en loita:

http://173.255.131.18/audio/130224CHEDA.mp3

Fotografia Xan Xe

“Eu vivo en Ferrol e nunha ocasión chamáronme ás sete, cincuenta e nove minutos da mañá para unha substitución en Cariño a partir das oito da mañá. Díxenlle que era imposible materialmente cubrir unha distancia de 54 quilómetros nun minuto. Retrucáronme que daba igual, que chegara tarde” indica unha enfermeira eventual, que tamén apunta a frecuencia de contratos que rematan o venres e se volven asinar o luns, para aforrar os seguros sociais da fin de semana.
“Hai compañeiras que asinaron 800 contratos ao longo de 14 anos, a maioría son de un dia e te chaman a calquera hora do día dou da noite para incorporarte de inmediato” indicaba en 2020 unha representante das enfermeiras eventuais. A ela chamárona a unha do mediodía para incorporarse as dúas a unha unidade de saúde mental que non coñecía. 
Galicia, con 12.670 profesionais da enfermería,  segue un punto por baixo da media estatal en dotacións desta especialidade, segundo os datos do Consello Xeral da Enfermaría. No SERGAS traballan 10.800, das que só teñen posto fixo 5.581. Coa chegada da COVID, a precariedade acentuouse. Moitos titulados decidiron emigrar e aínda seguen marchándose pero en menor medida. Para reter a ese persoal, hai que darlle estabilidade. A Xunta de Galicia convocou en 2023 ,818 prazas de enfermería na Oferta Pública de Emprego. Pero corresponden unicamente ás taxas de reposición e non cobren as necesidades de hospitais e centros de saúde.

Sociedade

Publica o teu comentario agora