ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Crosstraining é o nome dunha actividade deportiva que combina distintas modalidades de exercicio físico. Ten moitas vantaxes para a saúde e pode practicarse en Fene. Galician Crosstraining ten as súas instalacións no polígono de Vilar do Colo, na rúa Áncoras, detrás do Mercadona. Abriu hai dous anos, en plena pandemia, e está a ter boa acollida en toda a comarca. Rexéntano Iban Mourente e David Baizán
“Todo o mundo pode practicalo, tamén as persoas de idade máis avanzada, de feito, hai algúns que llo recomendou o médico para ganar masa muscular, que se perde cos anos”, explicou a Radio Fene Iban Mourente. “Eu deixei de xogar ao fútbol aos 33 anos, un dia David animoume a probalo e encantoume, empezamos hai cinco anos e hai dous decidimos montar aquí o box”, lembra. Logo de facer os cursos que os habilitan para dar a formación abriron as instalacións do seu ximnasio onde adestran persoas que antes practicaron fútbol, baloncesto ou piragüismo, pero tamén está indicado para quen nunca fixera deporte. “Temos xente de entre 12 e 68 anos” en Galician Crosstraining e as mulleres son maioría, “o 60% das persoas que veñen”. “É unha mestura de varios deportes, halterofilia olímpica, os ximnásticos, que son anelas e barras, e mestúrase con cardio. É un deporte moi completo”. “Recomendo a Regla do 3, adestrar mínimo 3 dias á semana e non estar máis de 3 días sen adestrar”, di Iban.
Publica o teu comentario agora