ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Novo acto vandálico na pasarela de San Valentín. O Concello condena os feitos. Fai un chamamento ao civismo e pide respecto polos espazos públicos.

O Concello de Fene lamenta os danos provocados por un novo acto vandálico na pasarela peonil de San Valentín, onde foi derrubado un tramo da varanda da infraestrutura. Desde o Goberno municipal condenan este tipo de comportamentos, que supoñen un prexuízo para o conxunto da veciñanza e afectan a un espazo moi utilizado tanto por residentes como por persoas visitantes. O Concello lembra que a pasarela é unha infraestrutura cuxo mantemento corresponde de maneira compartida entre a administración municipal e o servizo de Costas da Xunta. Explica o Goberno local que os accesos da pasarela foron retirados por Costas despois de que os temporais os deteriorasen. A propia administración autonómica optou por retirar definitivamente estes elementos en lugar de proceder á súa reposición.
Pide compromiso á Xunta
A alcaldesa de Fene, Sandra Permui, lamentou que “o vandalismo obriga a destinar recursos públicos a reparar danos que nunca deberían producirse”. Lembrou que “o Concello está a realizar un importante esforzo para conservar esta infraestrutura, coa reposición de 150 táboas, a adquisición doutras 200 para continuar os traballos e o mantemento periódico do noiro”. Agarda Permui “o mesmo compromiso por parte da Xunta na conservación dos elementos que son da súa responsabilidade”. E sinala que a decisión de retirar os accesos desmontables tras os temporais, sen substituílos por uns novos, supuxo a perda dun elementos importantes dunha infraestrutura moi utilizada pola veciñanza.
Publica o teu comentario agora