Coidar a saúde

Coidar a saúde
12 de Xuño, 2024 - 01:12 h. | Publicada por Radio Fene

“Moitas veces hai sobrecarga do sistema sanitario porque todo acaba aí cando ao mellor o primeiro problema é social ou psicoemocional e pode ser atendido desde outras áreas”. Información para coidarnos, é o que nos ofrece a traballadora social Paula Paz nun novo espazo de Radio Fene. Auto-coidado para Principiantes. É o nome desta sección que se emite semanalmente na Fenestra. Neste primeiro programa, falounos da perspectiva bio-psico-social da saúde. 

 

ESCOITA O PODCAST:

“Se temos unha depresión, por exemplo, o primeiro que facemos é ir ao médico, iso atende á parte física, pero hai moitas circunstancias, sobre todo de saúde mental, que comezan no ámbito social. Tamén pode suceder ao revés, ter un problema de saúde e deixar de saír, e relacionarse coa xente”. A raíz do problema non sempre é médico, pode ser social, explica Paula. 

Moitas mulleres maiores de 50 anos, coas que Paula adoita intervir como traballadora social chegan a ter problemas de saúde pola falta de apoios no seu entorno. Pasa factura na saúde o individualismo e a falta de comunidade que caracterizan os tempos que vivimos. Tamén o xénero inflúe. “O contexto de vida das mulleres adoita ser complexo, educadas para axudar, iso fai que carguemos con moitos problemas e nos abandonemos a nós”, lembra. 

 

Sociedade

Publica o teu comentario agora