ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
“Coidarme para poder educar”, é o tema da próxima sesión do programa Máis que un teito. Están convidadas a participar nela familias de Fene, Neda e Mugardos. María Xosé Paz, pedagoga municipal de Fene avanzounos algunhas cuestións que se van abordar.
“Non podemos dar o que non temos”, apunta a pedagoga do Concello de Fene María Xosé Paz. As familias son un exemplo para a infancia, e para dar unha boa educación é necesario o maior equilibrio e benestar posible no entorno familiar. Con ese obxectivo, as concellería de Servizos Sociais dos concellos de Fene, Mugardos e Neda ofrecen ás familias a posibilidade de aprender a coidarse. A sesión terá lugar o vindeiro luns, día 28, ás seis e media da tarde, na Casa da Cultura de Fene. Será dirixida por Naira González Fontenla, educadora social e psicopedagoga.
Publica o teu comentario agora