ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Os encoros de Vilagudín e Vilasenín constituien os humedais máis destacados da comarca de Ordes. Hoxe forman enclaves naturalizados e convertidos en referente paisaxístico.
Dende o Concello de Ordes, a súa Concellería de Medio Ambiente está a organizar unha charla sobre a importancia que teñen os nosos humidais e que leva por título "Coidemos os nosos humidais"
Terá lugar o luns 22 de marzo, con motivo do Día Mundial do Auga, na Casa da Cultura de Ordes ás 12.00 h. A encargada de impartila será Rebeca Vázquez responsable do Área de Conservación do Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia - CEIDA
Según palabras do Concelleiro de Medio Ambiente, Jesús Pedreira: "Con esta charla o que se pretende e sensibilizar a comunidade escolar sobre a riqueza natural e cultural dos humidais e da necesidade da súa conservación e promover e fortalecer procesos de concienciación e sensibilización na comunidade escolar, respecto á conservación e uso racional dos humidais".
A charla contemplará varios aspectos sobre os humidais. Que é un humidal, tipoloxía, valores, ameazas, xestión, principais humidais galegos e especial referencia aos encoros de Vilagudín e Vilasenín, zonas húmidas mais destacadas da comarca de Ordes, hoxe naturalizados e convertidos en referente paisaxístico da comarca.
Como actividade complementaria, o concello ofrecerá ademais a posibilidade aos centros de qeu visiten ese mesmo día a ETAP (Estación de Tratamento de Auga Potable) e/ou á EDAR (Estación Depuradora de Auga Residual) de Ordes, sempre que o tempo acompañe.