ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Avanzan os preparativos para o Felicia Pop e o Fenerock. O alcalde de Fene, Juventino Trigo, o concelleiro de Cultura, Justo Ardá, e representantes das asociacións A.C. Felicia e Centolos A.C. reuníronse este xoves na Casa do Concello para asinar os convenios de colaboración entre o Concello de Fene e ámbalas dúas entidades ao obxecto de organizar os festivais Felicia Pop Festival e Fenerock 2024.
O Concello subvenciona os dous festivais cun total de 22.000€, a razón de 11.000€ para cada unha das sociedades. Con estas achegas, o Goberno Municipal de Fene dá apoio á organización de dous certames que, pola súa traxectoria e especial interese, son xa un referente no calendario de festivais de música en Galicia. Dende a Concellería de Cultura, avanzan que nos vindeiros meses procederase a asinar o resto dos convenios das subvencións nominativas coas restantes entidades culturais e deportivas por un importe total de 36.200 euros.
Publica o teu comentario agora