Colaborar para medrar

Colaborar para medrar
10 de Xullo, 2024 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Grazas á colaboración entre o IES de Fene e o Centro ocupacional de Aspaneps, os usuarios desta entidade dispoñen desde hai uns días dunha peneira que lles facilita os seus traballos de compostaxe. A ferramenta foi construída polo alumnado de FP do IES de Fene. O educador de Aspaneps Xabier Picos, o usuario Ramiro Sangiao, e o xefe de estudos de FP do IES de Fene, Santiago Varela faláronnos desta feliz iniciativa. 

ESCOITA O PODCAST:

“A colaboración é moi estreita non é a primeira vez que colaboramos”. A colaboración que manteñen Aspaneps e o IES de Fene facilita a integración de persoas con dificultades especiais e este ano deu como froito este curso a construción dunha peneira destinada á área de compostaxe comunitaria de Aspaneps. Crearon este utensilio dentro dun curso de Aprendizaxe e Servizo. “Tratábase de que os alumnos de FP básica aprenderan o temario a través de facer un servizo á sociedade, o proxecto que nos invitou a facer Xabier”, explicou Santiago Varela. En Aspaneps realizan compostaxe, cultivan a súa propia horta e fan outros traballos como a serigrafía das camisetas que reparte o Concello de Fene no Día do Deporte na Rúa. Agora os usuarios do Centro ocupacional andan cos preparativos da excursión de fin de curso que este ano vainos levar a O Grove. 

 

Sociedade

Publica o teu comentario agora