Colegio Peñarredonda: Aquí no se admiten niñas

Colegio Peñarredonda: Aquí no se admiten niñas

07 de Agosto, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

O Colegio Peñarredonda da Coruña é un dos centros que non admiten nenas e que agora serán subvencionados pola Xunta de Galicia, tras a decisión adoptada polo Consello no dia de onte. O Peñarredonda, propiedade do Opus Dei, practica o que denominan educación diferenciada. Afirman que facilitan que cada alumno cultive as cualidades propias do seu xeito de ser, a masculinidade, rasgo constitutivo da persoa. O goberno bipartito excluira aos centros que non te&nti

Todas as instalacións do Colexio Peñarredonda están ao servizo da educación dos alumnos, segundo sinalan na súa páxina web. Ademais dos máis de 20.000 metros cadrados de zonas verdes e de deportes, o Colexio conta con abundantes laboratorios, aula de informática, talleres especializados, etc. con conexión a internet e ordenador en toda as aulas de Primaria e rede wifi no pabellón de Secundaria e zonas comúns, nun proceso de continua renovación e adaptación ás últimas innovacións.

Instalacións Educativas:

* Un laboratorio de Física.
* Un laboratorio de Química.
* Un laboratorio de Ciencias Naturais.
* Un aula de Informática.
* Un aula de audiovisuales.
* Un taller de radio.
* Un aula de música.
* Dúas bibliotecas.
* Un salón de actos.
* Un invernadero.

Instalacións Deportivas:

* Un campo de fútbol 11.
* Un pabellón cuberto.
* Dúas pistas polideportivas.
* Vestuarios.

Recurso dos sindicatos

 
O goberno do PP na Xunta de Galicia recibiu unha avalancha de críticas de varios sectores sociais, partidos da oposición e sindicatos por incluir nos colexios concertados e subvencionados a centros que segregan por sexo aos nenos.

Os sindicatos CIG-Ensino e CC.OO. anunciaron que presentarán un recurso contencioso administrativo ante o Tribunal Superior de Galicia para que se pronuncie sobre a legalidade desta decisión do executivo de Núñez Feijóo.

O sindicato do ensino emitiu un comunicado no que denuncia que os establecementos que segregan por sexos están ligados ao Opus, e que a decisión do Executivo viola a lexislación vigente que "obriga ao cumprimento da normativa sobre non discriminación da admisión do alumnado por razóns de sexo".

Durante os próximos cinco anos, a Xunta destinará uns 1000 millóns de euros para as entidades educativas privadas, entre as que se inclúen cinco colexios que separan a nenos e pícaras, unha decisión que incumpre a Lei de Ordenación da Educación.

Sociedade