Colexio de Farmacéuticos: Coidado cos productos milagre

Colexio de Farmacéuticos: Coidado cos productos milagre

16 de Maio, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A primavera é a época dourada do culto ao corpo. A nosa ánsia por lucir delgados e outras beleidades fomenta o consumo de productos que non concordan ben coa nosa saúde. Proliferon temporalmente as empresas fantasma que nos prometen toda clase de solucións aos nosos complexos.

Productos milagre para perder 20 Kg nunha semana, para reducir centrímetos do perímetro corporal ou para recuperar cabelo nas bolas de billar. Un fraude que o Colexio Oficial de Farmacéuticos da Coruña vai combatir co inicio dunha campaña de denuncia do risco que comporta o uso destes productos milagre. O seu portavoz, Antonio Torres, referiuse en radiofusión ao fraude desas promesas. 

Polo Centro de Detección destes productos fraudulentos pasaron no 2008 ata 110 productos, dos que a metade (60) foron denunciados diante do Ministerio de Sanidade.  A maioría anunciados por empresas fantasma que aparecen con campañas agresivas durante dous meses e despois desaparecen como o Guadiana. A situación agravouse coa sua venda a través de internet pero as revistas siguen a ser un soporte importante, segundo Antonio Torres, ofrecendo fotos e restemuñas falsas.

O luns comeza a campaña do Colexio de Farmacéuticos da Coruña coa emisión de 15.000 dípticos con consellos para enfrontarnos ao engaño e apostar pola vida sana.

Sociedade