ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O legado indiano en Fene. Chámase así o traballo audiovisual impulsado pola ANPA do Colexio Os Casais de Maniños que ven de recibir o primeiro premio no certame convocado pola Confederación Galega de ANPAs. Poderán realizar unha excursión a Campo Lameiro ou as dunas de Corrubedo, como compensación polo galardón.
Toda a comunidade educativa de Maniños participou nunha iniciativa que inclúe un xogo de pistas, visitas ao cine Adriano, festa no colexio, un proxecto fotográfico e a gravación dun documental audiovisual sobre as vivendas indianas de Fene. Unha charla da historiadora Divina Arnoso completou a iniciativa que aínda continua desenvolvéndose no Colexio Os Casais de Maniños. O premio para este centro educativo no Primeiro Concurso Audiovisual “Anpas galegas- Somos rural” entregarase nun acto que se celebrará no centro educativo o vindeiro luns 19 de xuño.
Bruno Lópes da ANPA do colexio Os Casais de Maniños en Radio Fene
Fotografía Xan Xe
Publica o teu comentario agora