ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Dous detidos en Neda por roubos en gasolineiras. A Garda Civil detén a unha parella como presunta autora de 4 delitos roubo con forza cometidos en Neda e Narón e investiga se participaron noutro en Fene.

A Garda Civil do Posto de Fene en colaboración coa Garda Civil do Posto das Pontes detén a un home e unha muller como presuntos autores de 4 delitos de roubo con forza. Os feitos sucederon cando efectivos de ambas as unidades que realizaban un servizo preventivo de seguridade cidadá, sorprenderon aos dous detidos nas instalacións da gasolineira do Puntal, no termo municipal de Neda, perpetrando un roubo con forza. No transcurso da intervención, os gardas civís constataron que estas persoas coincidían coa descrición dos autores dun roubo con forza acaecido media hora antes nunha gasolineira da Mourela, tamén en Neda, e de outros dous roubos con forza perpetrados noutras tantas gasolineiras de Narón. Durante a inspección do vehículo, atoparon as ferramentas e lanternas utilizadas, así como diñeiro en efectivo fraccionado e outros efectos cuxa procedencia está a ser investigada ao non ser acreditada a mesma por estas persoas. A Garda Civil detivo ao home e á muller como presuntos autores de 4 delitos de roubo con forza e incautou os efectos atopados. A investigación continúa aberta ante a sospeita de que puidesen estar relacionados con outros roubos semellantes como o ocorrido na gasolineira do polígono industrial de Vilar do Colo, no concello de Fene.
Publica o teu comentario agora