Coma un abade

Coma un abade
13 de Maio, 2024 - 11:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Perlío retornou estupendamente da súa visita a Cambre. Xogou ben e abundantemente no campo Dani Mallo. A pesar do resultado final (Cambre 2 - 1 Perlío), o equipo adestrado por Mario López tivo oportunidades despois de empatar no minuto 61. “Acudimos só con 11 xogadores do plantel, e 5 cadetes, porque os xuvenís xogábanse o ascenso á liga provincial, pero os rapaces competiron” indica o míster.
 

ESCOITA O PODCAST:

Conversa co adestrador do Perlío Mario López:

http://173.255.131.18/audio/130524LOPEZ.mp3

Fotografia Xan Xe

O Perlío xa non se xoga nada na Liga. Figura na undécima posición con 41 puntos. Na próxima e última xornada recibe ao Orillamar nos Pinares. Preparará ese partido pensando na competición de Copa. Xogará o encontro de volta das semifinais no campo do Sinde fronte ao Val, despois de empatar na ida. Será o domingo dous de xuño. “Temos que preparar ese partido pensando nas oportunidades de chegar á final” conclúe López. Onte o Perlío comezou ben o partido, con balón e metendo ao Cambre en posicións defensivas.  

 

 

Fotografía Xan Xe

Deportes

Publica o teu comentario agora