Coma un pexego

Coma un pexego
10 de Setembro, 2025 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

A orquestra Marbella arrufará esta noite a verbena da festa das Peras de Pontedeume. Celebrarase tamén a "batalla naval" con fogos de artificio. Na  imaxe, concurso de froitas celebrado onte na Alameda de Raxoi. 

Fotografia Xan Xe

O concurso de froita, nas festas das Peras de Pontedeume, naceu como xeito de dar saída aos excedentes. Ten máis sentido que nunca ao fío de conceptos tan en boga como a soberania alimentar ou o consumo dos produtos de quilómetro cero. As mazás, peras e pexegos alternan no concurso das festas de Pontedeume.

O pexego é o froito do pexegueiro, redondo, de pel fina con peluxe, de cor vermella e verde, e carne doce e laranxa. Ven do latín pérsicu.

 

Fotografía Xan Xe

Concurso de froitas de Pontedeume. 2025.

 

 

Cultura

Publica o teu comentario agora