Coma un semáforo

Coma un semáforo
26 de Xullo, 2024 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Poñer límites non semella doado, pero é imprescindible para favorecer a convivencia. “Cando poño límites douche información que vai facilitar unha relación satisfactoria”, explica a traballadora social Paula Paz. 

ESCOITA O PODCAST:

“Os límites ordenan as relacións, é o que as coida”. Funcionan como os sinais que regulan o tráfico, apunta. Falar a tempo axuda a evitar que unha relación acabe por desgastarse. Auto-coñecemento e asertividade son pautas útiles para quen precise aprender a poñer límites. 

Sociedade

Publica o teu comentario agora