Coma as vergas do caínzo

Coma as vergas do caínzo
05 de Febreiro, 2024 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O partido saíu seco para o Ordes coma as vergas do caínzo. O Maniños logrou o primeiro gol xa no minuto seis, e o segundo no vinte. Faltaban vinteún minutos para o final e o equipo visitante recortou distancias. "Tocounos sufrir ao remate e na prolongación de oito minutos pero tamén creamos ocasións de gol á contra" afirma o adestrador do Maniños Adrián Martinez. Na Primeira Galicia de fútbol, Maniños 2 - 1 Ordes. O Maniños ocupa a terceira posición con trinta e sete puntos. 

ESCOITA O PODCAST:

Conversa co adestrador do Maniños Adrián Martínez:

https://redefusion-eu.us.stackstaging.com/audio/050224MARTINEZ.mp3

Fotografia Xan Xe

"Na última fase do encontro eles tiveron o balón, pero creamos máis accións para o terceiro gol" conclúe o técnico. 
 

Deportes

Publica o teu comentario agora