Combater a pobreza esixe feitos e non promesas

Combater a pobreza esixe feitos e non promesas

12 de Marzo, 2015 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

As campañas electorais están cheas de grandes declaracións de intencións que non sempre se cumpren. Mais hai cuestións sobre as que non se pode xogar coas expectativas da cidadanía. Sobre todo se en Galicia máis do 24 por cento da poboación está en risco de padecer pobreza ou exclusión social. A situación atinxe a máis de 670.000 persoas, se

A declaración inclúe 15 medidas que os candidatos e candidatas asinantes comprométense a cumprir.  Entre eles figuran actuacións como o aumento drástico da coordinación e colaboración para a loita contra a pobreza e a abordaxe da situación cun enfoque inclusivo, concluíndo que en 2016 terá reducido nun 15% o total das persoas que se atopan en risco de exclusión no seu concello. O compromiso pide ademais que no 2016 se dedique un mínimo de 110€ por habitante ao ano á partida orzamentaria de actuacións de protección e promoción social (promedio do adicado polos concellos e deputacións galegas no 2013). De non ter acadados estes dous principios, a persoa candidata comprométese a dimitir.

Ao cabo da lexislatura, o compromiso implica reducir nun 25% as persoas que se atopan en pobreza ou exclusión (cumprindo así o establecido na Estratexia Europa 2020) e aumentar os orzamentos sociais a 160€ por habitante e ano.

Para levar a cabo esta campaña, EAPN-Galicia realizará entrevistas cos partidos políticos a nivel galego para que difundan o documento entre todos os candidatos e candidatas. Buscarase tamén unha participación activa da cidadanía para que pida aos políticos municipais un compromiso con estas actuacións, facendo desta campaña unha acción global e colectiva.

Concellos ao servizo das persoas irá acompañado dunha forte difusión en redes sociais e medios de comunicación que será levada a cabo polas 125 entidades membro da Rede Galega de Loita contra a Pobreza. Contará ademais cun apoio web na páxina www.pobreza.gal, onde aparecerá información sobre os datos de pobreza, gasto social e transparencia dos concellos galegos, así como información sobre candidaturas e partidos que se van unindo a esta campaña a través da sinatura do compromiso.

Sociedade