A combinación perfecta

A combinación perfecta
26 de Febreiro, 2023 - 12:20 h. | Publicada por Radio Fene

“As redes sociais e a radio combinan perfectamente proporcionando a posibilidade de chegar a audiencias máis novas”, afirma Xosé Antonio Sánchez, profesor de Xornalismo da Universidade de Murcia.

ESCOITA O PODCAST:

O tamén director de Onda92 - Las Torres de Cotillas utiliza o termo ‘metarradio’ para definir o medio no que se converteu esta canle de comunicación. “Hoxe hai que ter un concepto diferente ao da radio convencional. A radio non só é son. É un medio que se converteu tamén en imaxes e texto, de aí que eu apunte o concepto de 'metarradio' para describir esta nova realidade comunicativa”. Iso si, Sánchez ten claro que a radio municipal non debe perder a súa esencia de servizo público. “A programación ten un fundamento de servizo público, a iso nunca renunciamos como emisora de radio municipal porque é unha das características básicas que ten que ter o medio. Hai que darlle voz a persoas que non teñen cobertura noutros medios de comunicación. Nunca hai que renunciar aos principios de servizo público. Complementamos a información local con aquela que fai referencia a outro tipo de ámbitos".

Na imaxe, Xosé Antonio Sánchez, profesor de Xornalismo da Universidade de Murcia.

 

Sociedade

Publica o teu comentario agora