Combo Dominicano e Panamá en Pontedeume

Combo Dominicano e Panamá en Pontedeume
30 de Agosto, 2024 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

O Combo Dominicano actuará na noite do martes 10 e a orquestra Panamá o mércores 11 en Pontedeume.As festas das Peras do 2024 comezarán o sábado sete de setembro coa saída dos Mómaros e cabezóns. Pola tarde celebrase a lectura do pregón a cargo do arbitro da Primeira División do fútbol Javier Iglesias Villanueva.  O seu irmán Ignacio pronunciou o pregón das Peras en 2010. 

Festas das Peras 2022

Tamén o sábado actuará Peter Punk ás sete da tarde na Alameda de Raxoi. Na Praza do Conde, actuarán a Banda de la O, as dez e media da noite e Burning as doce. Con carácter previo ás Peras, o venres actuacións de Dani Royo con tributo a Antonio Flores e Great Straits con tributo a Dire Straits. O domingo a cucaña, o luns 9 concurso de froitas, martes 10 combate naval e mércores 11 xira ao rio Eume completarán os festexos da localidade eumesa. 

 

Na imaxe, festas das Peras 2022.

Fotografía Xan Xe
 

Sociedade

Publica o teu comentario agora