ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Por que comen pedras os cans? Explicouno esta semana en Radio Animal a veterinaria etóloga Noemí Graña.

Os cachorros poden comer pedras ou xoguetes debido a unha conduta exploratoria. No caso dos adultos pode haber outros motivos. Un problema de comportamento ou porque teñen problemas de saúde. “Comen obxectos ou pedras cando lles doe a barriga, é moi perigoso”. Noemí relatounos o caso de Mia unha labradora á que tiveron que operar dúas veces de obstrución intestinal por comer pedras. Tiña un problema de alerxia alimentaria e cando lla trataron deixou de comer pedras. Tamén nos explicou Noemí que os cans son copógrafos, por iso comen feces “se vas polo monte e ven unha de cabalo cómena e das persoas tamén”.
Gatos cariñosos
“É cariño”, responde Noemí á pregunta de por que os gatos se fregan ás veces contra unha persoa. Explicou que ao facelo liberan unha feromona de recoñecemento, é tanto como dicir “acéptote”.
Publica o teu comentario agora